Por unha sociedade en igualdade!
Por unha sociedade en igualdade!
No IES Carlos Casares levamos anos traballando a prol da visibilidade da muller, as verdadeiras esquecidas ao longo da historia.
O propio título do proxecto xa indica a propia idiosincrasia da muller, é a Dona, a señora capaz de atinxir novos espazos e campos do saber que até hai ben pouco tempo lle era imposible, ou cando menos era minoritaria a súa presenza.
A importancia da muller como eixo fundamental da familia dende os inicios dos tempos e o seu sacrificio para acceder a un mercado laboral que, nun inicio, lles estaba vedado ou restrinxido en certos aspectos, son os dous campos que van vertebrar o noso proxecto.
As alumnas e alumnos de 1º de ESO fixeron unha pequena homenaxe ás súas figuras femininas máis achegadas: avoas, tías, nais, irmás…
Coa axuda da profesora de galego Beatriz Martínez, escribiron o texto describindo o papel que estas mulleres teñen nas súas vidas, para logo debuxalas seguindo ás ensinanzas de Almudena Lacomba, a profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, despois, estes debuxos completáronse coa gravación dun vídeo onde as rapazas e os rapaces recitan o texto.
Pero, cómo mostrar esos vídeos? Moitas rapazas e rapaces, decidiron ir un pouco máis aló da realidade e integraron os vídeos nos debuxos utilizando Realidade Aumentada e mostrando os seus traballos a todas as familias que nos acompañaron nunha entrañable xuntanza.
Queredes ver que tal o pasamos? Preme nas ligazóns para coñecer todo o seu traballo.
Tarde en familia Mulleres que admiramos Carteis interactivos
Son moitas as mulleres que nos inspiran ao longo da nosa vida. Mulleres científicas, mulleres escritoras, mulleres músicas… Neste espazo queremos dar visibilidade a algunhas delas, que ao longo da historia lograron convertirse nunhas auténticas ‘influencers’
Elas fan CienTec Xogamos ao Pasapalabra?
Mulleres de ciencia As mulleres saen á rúa
A presenza das mulleres tampouco está visibilizada nas rúas das nosas cidades. O alumnado de 1º de BAC analizará a situación da muller no rueiro de Vigo. Paralelamente as alumnas de 1º de BAC reflexionarán sobre o seu futuro e as rapazas nas ciencias. Quen sabe, o mellor algunha delas acaba nunha rúa da cidade ou… dándolle nome ao noso Aeroporto!
A que te queres dedicar? Rueiro de vigo
Segue día a día os traballos do noso alumnado
O programa IRENE chegou ao noso centro coa exposición sobre Violencia sexual na xuventude. Dentro do proxecto Donas de si, sumámosnos a esta iniciativa para educar en… Read more “Programa IRENE”
Do 27 de abril ao 7 de marzo, tivemos no vestíbulo do noso centro a Exposición Premio María Wonenburger Planells. A través destes carteis puidemos coñecer as… Read more “Exposición Premio María Wonenburger Planells”
Co gallo do Día Internacional das Rapazas nas TIC, o alumnado de 4º de ESO participou no I concurso de memes “Mulleres e Tecnoloxía” organizado polo Colexio… Read more “Celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC”