I Concurso de relato curto e debuxo contra a violencia de xénero

O alumnado do IES Carlos Casares participou no I Concurso de relato curto e debuxo contra a violencia de xénero convocado pola Subdelegación do Goberno no que a nosa alumna Irene Jardón de 1º de ESO gañou o 2º premio co seu relato Liberdade.

Este concurso persegue un dobre obxectivo: fomentar a creación literaria e artística e impulsar a creatividade e a imaxinación, e incrementar a concienciación e sensibilidade dos escolares ante a violencia de xénero.