Tarde en familia

O pasado 7 de marzo, Donas de si colaborou cos actos preparados no instituto para conmemorar o día da muller a través dunha xuntanza onde o alumnado de 1º de ESO, as súas familias e o profesorado implicado na actividade “As mulleres da miña casa”, xunto co Director e a Xefa de estudos, pasamos unha agradable tarde coñecendo as historias das mulleres que forman parte da nosa comunidade e da vida dos nosos estudantes.

Tamén queremos darlle as grazas Sofi, unha gran muller que nos axudou a preparar a cafetería (e fixo unhas tortillas ben boas) para realizar este acto.