Exposición Premio María Wonenburger Planells

Do 27 de abril ao 7 de marzo, tivemos no vestíbulo do noso centro a Exposición Premio María Wonenburger Planells. A través destes carteis puidemos coñecer as gañadoras deste premio outorgado pola Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia dende o ano 2007.

 

O Premio leva o nome da matemática galega María Wonenburger Planells e recoñece as mulleres científicas de Galicia que se adiantan ao seu tempo e abren camiños a moitas outras.