Sobre nós

No IES Carlos Casares levamos anos traballando a prol da visibilidade da muller, as verdadeiras esquecidas ao longo da historia.

O propio título do proxecto xa indica a propia idiosincrasia da muller, é a Dona, a señora capaz de atinxir novos espazos e campos do saber que até hai ben pouco tempo lle era imposible, ou cando menos era minoritaria a súa presenza.

A importancia da muller como eixo fundamental da familia dende os inicios dos tempos e o seu sacrificio para acceder a un mercado laboral que, nun inicio, lles estaba vedado ou restrinxido en certos aspectos, son os dous campos que van vertebrar o noso proxecto.