1º ESO

As mulleres da miña casa

As alumnas e alumnos de 1º de ESO fixeron unha pequena homenaxe ás súas figuras femininas máis achegadas: avoas, tías, nais, irmás…

Coa axuda da profesora de galego Beatriz Martínez, escribiron o texto describindo o papel que estas mulleres teñen nas súas vidas, para logo debuxalas seguindo ás ensinanzas de Almudena Lacomba, a profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, despois, estes debuxos completáronse coa gravación dun vídeo onde as rapazas e os rapaces recitan o texto.

Pero, cómo mostrar esos vídeos? Moitas rapazas e rapaces, decidiron ir un pouco máis aló da realidade e integraron os vídeos nos debuxos utilizando Realidade Aumentada e mostrando os seus traballos a todas as familias que nos acompañaron nunha entrañable xuntanza.

Queredes ver que tal o pasamos? Preme nas ligazóns para coñecer todo o seu traballo.

Tarde en familia                  Mulleres que admiramos            Carteis interactivos